top of page

To See What We See: Training Course en Pákozd, Hungría

O pasado mes de marzo, ao mesmo tempo que o intercambio en Romanía, tamén tivemos a oportunidade de participar no noso primeiro Curso de Formación no estranxeiro. Onde? Na pequena cidade de Pákozd, unha cidade pintoresca de Hungría preto de Budapest. A asociación de acollida, Európa Ifjúsága Egyesület, recibiunos cos brazos abertos e presentounos a mozos e mozas e traballadoras de varios países europeos. Durante esta semana intensa e enriquecedora, traballamos para mellorar a visibilidade e calidade dos proxectos europeos organizados en Erasmus+ e a calidade do traballo xuvenil nas nosas asociacións.

Durante o Curso de Formación tivemos a oportunidade de participar en obradoiros e sesións de traballo en grupo, onde puidemos compartir as nosas experiencias e aprender dos demais. Ademais, disfrutamos de actividades de integración como ceas interculturais e visitas a lugares históricos e culturais de Székesfehérvár e Budapest. Esta experiencia permitiunos coñecer mozos de diferentes culturas e coñecer as súas perspectivas e enfoques para organizar proxectos e traballo xuvenil.


En resumo, a nosa participación neste Curso de Formación foi unha experiencia que nunca esqueceremos. Aprendemos moito, comimos moito e divertímonos moito. Recibíronnos coma se fósemos unha familia e convivimos con mozos e mozas e traballadoras de distintos países europeos. E o mellor de todo, fixemos novos amigos que esperamos volver ver moi pronto. Grazas a todos por un proxecto inesquecible!


Comments


59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page