top of page

ECO (friendly) tourism: Intercambio xuvenil sobre turismo sostible en Romanía

O pasado mes de marzo tivemos a oportunidade de participar nun Intercambio Xuvenil organizado pola asociación Asociatia CPDIS na cidade de Costinesti, á beira do Mar Negro en Romanía. Xunto a mozos de Turquía, República Checa, Grecia, Romanía e Lituania puidemos coñecer o turismo sostible, o ecoturismo, o emprendemento e o desenvolvemento rural.

O gran equipo representante de Valdeorras Vive que vedes na foto (Adrián, Aida, Candela, Fernando, Esteban, Eva María e Fátima) foi o encargado de vivir esta experiencia que, ademais de coñecer xente de diferentes culturas e aprender delas, permitiu visitar lugares marabillosos de Romanía e coñecer de primeira man a súa rica historia.


Durante a semana do intercambio asistimos a conferencias e obradoiros sobre turismo sostible e ecoturismo. Coñecemos a importancia de conservar o noso medio ambiente e desenvolver formas de turismo que non danen o ecosistema. Tamén tivemos a oportunidade de visitar algunhas empresas turísticas locais que se dedican a estas prácticas e coñecer o seu traballo.


Outra das actividades que nos gustou foi a elaboración dun proxecto grupal. Xunto con compañeiros de países como Grecia, Turquía ou Lituania, traballamos nun plan de negocio para unha empresa de turismo sostible nas nosas respectivas cidades. Foi unha gran oportunidade para aprender sobre emprendemento e desenvolvemento rural, e tamén para poñer en práctica as nosas habilidades de traballo en equipo.


A mellor parte do proxecto foi a oportunidade de aplicar o aprendido nunha comunidade real e contribuír ao seu desenvolvemento. Ademais, o intercambio de ideas e experiencias con mozos de diferentes países e culturas é sempre enriquecedor.



Comments


59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page