top of page
DSC_1164_edited.jpg

Mindful Steps: an expedition through the Winter Way - Intercambio xuvenil en 2024

212249820_774571819887331_8853921595716893397_n.jpg
173983212_772335520110961_8909192480800194486_n.jpg

Este proxecto Erasmus+ ten lugar na primavera de 2024 no Bierzo e Valdeorras, onde reunimos a participantes de catro países para camiñar e descubrir xuntos o Camiño de Inverno, a ruta do Camiño de Santiago que atravesa a nosa comarca, unha ruta na que imos abordar a temática da saúde mental, os beneficios da peregrinación e a relación dos mozos coa natureza.

DSC_0988 (2).jpg

Para quen?

Este intercambio xuvenil reúne a 20 mozos de catro países diferentes: España, Estonia, Grecia e Romania (4 participantes + líder de grupo).

Obxetivos

O obxectivo é promover a saúde mental na mocidade dende unha perspectiva integral arredor da temática do Camiño de Santiago, cos seus beneficios a nivel físico, mental e emocional.

Onde e cando?

O proxecto realízase percorrendo 80 km do Camiño de Inverno, dende Ponferrada ata O Barco de Valdeorras, durante 8 días (02/07-11/07 2024).

O equipo

Os organizadores deste proxecto son Lucas Docampo e Julieta Fusaro.

Certificado Youthpass

Acreditación da túa participación

Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.

DSC_0560.jpg
59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page