top of page

  VALDEORRAS VIVE

Onde nace a viaxe, nace o cambio

Coñécenos

Valdeorras Vive é unha asociación que ofrece actividades culturais, educación non formal, voluntariado e programas de mobilidade Erasmus+ para a mocidade rural das comarcas de Valdeorras e do Bierzo. Fundada en 2019, o noso obxectivo é atraer talento, inspiración e novas ideas que sirvan como motor de cambio entre os máis novos.

image1 (1).jpeg

Viaxa, explora e aprende con nós

descubre a nosa misión

Educación non formal para a mocidade

A educación non formal é unha poderosa alternativa aos métodos educativos tradicionais, centrada na aprendizaxe experiencial e no desenvolvemento de competencias clave. Nos nosos proxectos poderás aprender facendo, desenvolverte persoal e profesionalmente en espazos internacionais onde falamos de temas tan variados como o emprendemento, a historia, a expresión cultural, e todo tipo de cuestións sociais.

image0 (1).jpeg
image3.jpeg

Proyectos Erasmus+ internacionais

Desde 2019, estamos orgullosos de ofrecer oportunidades de mobilidade internacional Erasmus+ á mocidade de Valdeorras e do Bierzo. O programa Erasmus+ é unha oportunidade única para viaxar ao estranxeiro en contornas de educación non formal para mozos, ofrecendo novos espazos de socialización, unha mirada crítica e o descubrimento de persoas novas e interesantes de países moi diversos.

Voluntariados e cursos de formación

Queremos animar á mocidade de Valdeorras a soñar cun futuro verde e sostible para a nosa comarca. Poñer fin á tendencia de despoboamento e abandono do rural esixe unha aposta pola innovación e a creación de novas iniciativas coas que os mozos e mozas poidan sentirse verdadeiramente orgullosos de optar por vivir en Valdeorras. Para iso, organizamos proxectos sobre temáticas locais, cos pés na terra e que nos permiten abordar directamente os problemas e inquedanzas da mocidade.

DSC_0136.jpg
image2 (1).jpeg

Promoción e desenvolvemento sostible de Valdeorras

Traballamos para promocionar e dar a coñecer no mundo Valdeorras, unha comarca rural situada na Galicia interior que agocha tesouros como a súa fascinante tradición vitivinícola ou o Camiño de Santiago de Inverno. Apostamos pola educación e a concienciación cara a un modelo de desenvolvemento sostible, para preservar todo o que nos fai únicos e promocionar Valdeorras e o seu patrimonio entre a mocidade.

DSC_0541_edited_edited.jpg
Testimonios Erasmus+
257463757_844437799567399_3029708821300790938_n (1).jpg
"Namorada desta asociación e dos que forman parte dela. ¡Foi un orgullo participar nos seus proxectos!"

Anastasiia Yezhova (Ucraína)

Oportunidades próximas

DSC_0722_edited.jpg

Sobre os nosos proxectos

Coñécenos mellor!

o forum theatre  é unha das actividades estrela dos nosos intercambios

image7.jpeg

Nun Intercambio Xuvenil non podes perderte os bailes típicos de cada cultura

DSC00868~2.jpg

Descubrindo as montañas de Trevinca, unha das xoias naturais de Valdeorras

Georgian intercultural night

O programa Erasmus+ achéganos a países tan afastados como Armenia ou Xeorxia

Contáctanos

Real 11, O Barco de Valdeorras 32300 Spain

valdeorrasvive@gmail.com

+34 669105046

  • Instagram
  • Facebook
image4.jpeg
Diseño sin título (2).png
en_esc-label_karbon.png
Diseño sin título (1).png
59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png

Contacto    |    Aviso legal    |    Política de privacidade

© 2025 por Valdeorras Vive.

bottom of page