
RuralMakers - Partnership Building Activity en 2024


Este evento Erasmus+ ten lugar en novembro de 2024 en Peñalba de Santiago (O Bierzo), onde reunimos a traballadores xuvenís e educadores de varios países europeos para traballar na creación de proxectos de éxito en espazos rurais, con ferramentas educativas e exemplos prácticos para promover o emprendemento entre a xuventude.

Para quen?
Este PBA reúne a 16 traballadores e educadores xuvenís de nove países: España, Estonia, Moldavia, Curazao, Croacia, Alemaña, Turquía, Chipre e Grecia.
Onde e cando?
O proxecto ten lugar na emblemática aldea de montaña de Peñalba de Santiago, durante 6 días (16-23/11/2024).
Obxetivos
Este encontro está dirixido a traballadores xuvenís e profesionais da educación de todo o rural En formato PBA, buscamos conectar, compartir experiencias e colaborar na creación de novos proxectos centrados na mocidade do rural.
O equipo
Os coordinadores e trainers deste proxecto son Lucas Docampo Gacio e Aleksandra Galkina.

Certificado Youthpass
Acreditación da túa participación
Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.


Guía do proxecto
Prepárate para esta experiencia Erasmus+
O INFOPACK é un documento esencial para todas as persoas participantes no intercambio. Nel atoparás toda a información clave sobre o proxecto: datas, ubicación, programa de actividades, perfil das persoas participantes, que levar, normas do proxecto, detalles sobre o aloxamento e a cobertura de gastos. ¡Todo o que necesitas saber para prepararte para esta experiencia Erasmus+!


