top of page
P6300356.JPG

Youth Tebaida

Estamos no sur do Bierzo, na zona máis montañosa e illada do concello de Ponferrada. Esta é unha rexión históricamente utilizada polos monxes eremitas, coñecida como a Tebaida Berciana. O proxecto Youth Tebaida busca encher de mocidade e novas ideas este lugar singular, con cursos de formación, intercambios, encontros e actividades para repensar e valorar a súa gran importancia natural e etnográfica.

15.jpeg

Obxectivo I

Emprendemento rural

Queremos atraer talento, inspiración e novas ideas a un medio rural con enorme potencial. As localidades da Tebaida Berciana, entre as que destaca Peñalba de Santiago, poden destacar como espazos nos que dar vida a todo tipo de propostas emprendedoras: turismo rural, produtos locais, a súa rica historia, excelente gastronomía e recursos naturais.

Obxectivo II

Volta ás raíces

A Tebaida Berciana é a orixe dunha historia mística de monxes e mosteiros, pero tamén dunha tradición oral e dun modo de vida que corre o risco de perderse para sempre. O noso obxectivo é recuperar e protexer estas historias, os seus mitos e lendas, pero tamén a descoñecida arte mozárabe, as pequenas ermidas e mosteiros, ou a arquitectura tradicional berciana.

1.jpeg
P6300374.JPG

Obxectivo III

Educación non formal

A formación dos mozos e traballadores xuvenís é fundamental para o desenvolvemento sostible de rexións rurais como a nosa. Ofrecemos formación en métodos innovadores de educación non formal, en colaboración con asociacións de toda Europa. Esta colaboración creará unha rede de apoio entre asociacións rurais interesadas no emprendemento, o desenvolvemento rural e a conservación do medio natural.

Obxectivo IV

Visibilidade internacional

Grazas ao programa Erasmus+ podemos dar a coñecer a Tebaida Berciana internacionalmente como unha paisaxe cultural de máximo interese. Buscamos encher de mocidade as súas aldeas, para que sexan un espazo de aprendizaxe e de descubrimento e non só un destino turístico. Damos a benvida a grupos internacionais en intercambios xuvenís e cursos de formación sobre unha gran variedade de temas.

DSC_0942.jpg
59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page