top of page
DSC_0196_edited_edited.jpg

Ouro e Orixes - Intercambio xuvenil en 2025

DSC_0706.jpg
DSC_0196.jpg

Este proxecto Erasmus+ ten lugar en abril de 2025 en Carucedo (O Bierzo), onde reunimos participantes de seis países para explorar lendas, tradicións e contos populares como forma de reflexionar sobre a diversidade e os valores comúns que nos unen.

DSC_0356.jpg

Para quen?

Este intercambio xuvenil reúne a 30 mozos de seis países: España, Estonia, Bonia e Herzegovina, Xeorxia, Ucraína e Grecia.

Obxetivos

O obxectivo é profundizar na comprensión da diversidade e da comunicación intercultural a través da educación non formal, para combater os prexuízos e os estereotipos culturais.

Onde e cando?

O proxecto desenvólvese na localidade de Carucedo, xunto ás minas de ouro de As Médulas, durante 9 días (13/04-22/04 de 2025).

O equipo

Os coordinadores deste proxecto son Lucas Docampo e Aleksandra Galkina.

Certificado Youthpass

Acreditación da túa participación

Ao formar parte deste proxecto, recibirás o diploma YouthPass: un certificado de educación non formal recoñecido en toda Europa que che permite describir o que fixeches e aprendiches. Ademais, pode ser unha boa forma de destacar nunha entrevista de traballo, ir á universidade ou para amosar aos teus amigos.

DSC_0142 (1).jpg
Foi o meu primeiro proxecto e axudoume moito a conectar con outras realidades e outras culturas. Con persoas que, a pesar de vivir moi lonxe e de ter crenzas e formas de ver o mundo diferentes, ao final somos moi parecidas por dentro.

Concepción Muñoz (España)

OURO E ORIXES - INFOPACK.jpg

Guía do proxecto

Prepárate para esta experiencia Erasmus+

O INFOPACK é un documento esencial para todas as persoas participantes no intercambio. Nel atoparás toda a información clave sobre o proxecto: datas, ubicación, programa de actividades, perfil das persoas participantes, que levar, normas do proxecto, detalles sobre o aloxamento e a cobertura de gastos. ¡Todo o que necesitas saber para prepararte para esta experiencia Erasmus+!

59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png

Contacto    |    Aviso legal    |    Política de privacidade

© 2025 por Valdeorras Vive.

bottom of page