top of page

Autoestima como clave para un mesmo: un intercambio con IZUM Club

Ola a todos! Hoxe queremos contarvos unha súper experiencia que tivemos o pasado mes de xuño, cando participamos nun intercambio xuvenil Erasmus+ en Estonia, nunha pequena cidade moi preto de Tallin. O tema: “a autoestima como clave para coñecernos mellor a nós mesmos”.

Dende Valdeorras fomos un equipo de cinco adolescentes afortunados xunto co líder do grupo, Andy da academia de inglés ChitChat English do Barco. Alí coñecemos a mozos de Estonia, Bulgaria, República Checa e Macedonia do Norte. Que mistura de culturas, pero que interesante!

No intercambio aprendemos moito sobre a importancia de ter unha boa autoestima para a saúde mental. Falamos de técnicas para manternos e axudarnos a sentirnos mellor con nós mesmos, pero o mellor é que as puxemos en práctica de mil formas diferentes: con obradoiros, debates e actividades ao aire libre.

Ademais de todos os intensos días de actividades no campamento IZUM, tamén tivemos tempo para visitar a fermosa cidade de Tallin. Paseamos polas súas rúas medievais, coñecemos a súa historia e, por suposto, probamos a súa comida típica.

En Estonia, descubrimos que a mocidade é moi activa e comprometida co medio ambiente. Os centros xuvenís tómanse moi en serio o seu traballo e teñen unha natureza impresionante da que están moi orgullosos. Tamén nos ensinaron unhas palabras estonias impronunciables, ao final podemos dicir que o inglés xa non parece unha lingua tan difícil.

De volta en Valdeorras, queremos agradecer a Lisa, Inessa, Nastia e a todos os nosos amigos de IZUM Club por tratarnos tan ben e facernos sentir como na casa. Tamén ao programa Erasmus+ por darnos esta oportunidade única.


¡Vémonos pronto en Valdeorras!


#vivevaldeorras

Comments


59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png
bottom of page