top of page

Unha semana en Castelbuono: inspiración, tradicións e moito panettone

Acabamos de regresar dunha Study Visit en Castelbuono, unha pequena e encantadora vila medieval no corazón de Sicilia, rodeada polo espectacular Parque Natural das Madonías. Foi unha semana intensa, chea de encontros, aprendizaxes e descubrimentos, e tamén un espazo para tecer novas conexións e proxectos europeos.


ree
ree
ree

Tivemos a sorte de participar na organización do proxecto dende a visita preparatoria, acompañando e apoiando a Lucrezia, Fabrizio e ao equipo de Social Green Hub, para quen este era o seu primeiro proxecto Erasmus+. Compartir a nosa experiencia e axudarlles a dar os primeiros pasos fixo que todo fluíra con naturalidade e entusiasmo.


ree

O que máis nos inspirou foi coñecer de preto o proxecto de coworking de Social Green Hub, o primeiro coworking público de Italia nunha zona rural, en funcionamento dende o 2020. Este espazo non é só un lugar para traballar, senón un verdadeiro laboratorio de innovación social, que fomenta a colaboración, a creatividade e novas oportunidades para traballar a distancia no medio rural. Ver como unha vila tan pequena pode acoller un proxecto tan ambicioso recordounos que os desafíos da despoboación e da falta de oportunidades para a mocidade non son exclusivos de Sicilia, xa que en Valdeorras vivimos retos semellantes. A diferenza está nas ideas e na valentía de quen se atreve a innovar.


ree
ree

Durante a semana coñecemos de preto o traballo de diferentes organizacións locais. Visitamos o festival Ypsigrock e conversamos cos seus organizadores, comprendendo como un evento internacional pode convivir coa vida dun pobo e transformar a súa realidade (xa hai case trinta anos!). Tamén visitamos o castelo de Castelbuono e o seu museo, o Proloco, que promove a localidade, e o Museo Naturalístico Minà Palumbo, dedicado ao estudo e conservación da fauna e flora local. Alí aprendemos sobre a manna, unha resina branca que se extrae dun árbol autóctono e que só se produce nesta zona: un produto verdadeiramente único no mundo.


ree
ree

A visita a Spazioscena foi outra experiencia inesquecible: participamos nunha actividade de teatro improvisado con máscaras brancas, explorando a expresión corporal e a creatividade dun xeito lúdico e colaborativo. Foi inspirador ver como a cultura e a arte poden ser ferramentas de empoderamento persoal.


ree

Tamén visitamos o concello, onde nos explicaron como a administración local apoia e coordina tantas iniciativas diversas, e tivemos a oportunidade de facerlle todo tipo de preguntas ao alcalde, que nos mostrou a cara máis internacional da súa vila.


ree
ree

Un dos aspectos que máis nos sorprendeu foi a cantidade e diversidade de proxectos que conviven nun pobo tan pequeno: festivais, espazos culturais, emprendementos sociais e creativos, e empresas locais innovadoras. E, por suposto, non podía faltar o panettone de Fiasconaro, que nos agasallaron a cada un dos participantes, un detalle que simboliza a hospitalidade de Castelbuono.


ree

Para pechar a semana organizamos o evento MATCHMAKING MADONIE: LET’S COLLAB, ao que asistiron asociacións de Palermo, doutros recunchos de Sicilia e mozos e mozas interesados en coñecer máis sobre Erasmus+ e a cooperación europea. Foi un momento especial para compartir ideas, inspirarnos mutuamente e abrir portas a futuras colaboracións.


ree
ree
ree

Regresamos á casa coa sensación de que mesmo nos lugares máis pequenos poden xurdir proxectos valentes e transformadores. Castelbuono inspirounos a ver que os desafíos da despoboación e da mocidade poden converterse en oportunidades cando hai creatividade, colaboración e ganas de facer que as cousas pasen. E si, un bo panettone tamén axuda a inspirarse un pouco máis!


ree

“Rural Empowerment Network – Connecting and Innovating Rural Areas” é un proxecto Erasmus+ cofinanciado pola Unión Europea, organizado por Social Green Hub coa colaboración de Valdeorras Vive.

 
 
 

Comments


59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png

Contacto    |    Aviso legal    |    Política de privacidade

© 2025 por Valdeorras Vive.

bottom of page