top of page

Beyond Boundaries… ou quizá deberiamos dicir Beyond Mandarinas

Hai proxectos que van máis alá dunha simple experiencia de aprendizaxe, e Beyond Boundaries foi sen dúbida un deles. Organizado por Active Vitorasko en Kosky, un pequeno pobo do sur da República Checa, reuniu a máis de 40 mozos e mozas europeos de Chequia, España, Romanía, Macedonia e Italia, que en poucos días nos convertemos nunha gran familia.


ree

Desde o principio sentiuse algo especial. Os días estaban cheos de enerxía, risas e berros espontáneos de “IVO! IVO! IVO! ABRAZO COLECTIVO!”, que se converteu no noso himno non oficial. Moi pronto, o proxecto gañou un alcume agarimoso: Beyond Mandarinas, a sobremesa típica de cada comida, porque, coma as mandarinas, todos eramos diferentes por fóra pero compartiamos a mesma dozura por dentro (cursi pero certo) 🍊


ree
ree

A aventura comezou cunha visita cultural a Třeboň, unha vila histórica encantadora onde paseamos polas súas rúas e visitamos o arquivo rexional, descubrindo a historia da zona. Foi unha maneira curiosa de comezar a semana: conectando coa cultura checa antes de lanzarnos ás actividades ao aire libre.


ree
ree
ree
ree

O corazón de Beyond Boundaries foi a educación non formal ao aire libre. Aprendemos a través da natureza, do traballo en equipo e das experiencias compartidas: desde probar o disc golf (un deporte do que non tiñamos nin oído falar) ata facer unha camiñada polos bosques de Kosky, onde algúns valentes se atreveron a bañarse no lago en pleno outubro. Máis tarde visitamos a cidade de conto de Český Krumlov, paseamos polas súas rúas coloridas e vivimos un deses días que quedan gravados para sempre.


ree
ree

No noso aloxamento, a vida estaba chea de diversión e conexión. Entre partidas case profesionais de ping pong e bádminton (grazas aos macedonios!), noites de karaoke e longas conversas no jacuzzi, cada noite estivo chea de risas, amizade e momentos compartidos. As noites interculturais foron un dos momentos máis especiais, cheas de comida tradicional, bailes e curiosidades de toda Europa, lembrándonos o valiosa que é a diversidade cando se comparte co corazón aberto.


ree

Un enorme agradecemento a Marek, Pavla e Zaneta, os organizadores incribles de Active Vitorasko, por crear unha semana tan cálida, inspiradora e equilibrada. Fixeron que todos nos sentísemos coma na casa e que cada actividade tivese un propósito real.


ree
ree
ree

Despedímonos de Chequia cun último “IVO!” seguido do abrazo colectivo máis grande do proxecto. Beyond Boundaries lembrounos que os proxectos Erasmus+ non son só para aprender ou viaxar, senón para conectar, crear amizades e atopar alegría en cada momento compartido.


ree

Ata a próxima tanda de mandarinas 🍊💛


Descarga o booklet sobre o proxecto aquí.


"Beyond Boundaries: outdoor education for a better inclusion" é un proxecto Erasmus+ aprobado e cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea, organizado por Active Vitorasko coa colaboración de Valdeorras Vive.

 
 
 

Comments


59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png

Contacto    |    Aviso legal    |    Política de privacidade

© 2025 por Valdeorras Vive.

bottom of page