top of page

Ouro e Orixes: o ouro da diversidade cultural en Carucedo

Hai experiencias que brillan máis aló do tempo, como se fosen pequenas vetas de ouro agochadas na memoria. Así foi Ouro e Orixes, o intercambio xuvenil celebrado en abril en Carucedo, xunto ás Médulas, onde mozos e mozas de Europa descubriron que a auténtica riqueza non é material, senón a diversidade cultural.


ree

O nome do proxecto foi unha metáfora perfecta: o ouro como símbolo da diversidade europea, un tesouro que aparece cada vez que compartimos historias, tradicións e xeitos distintos de mirar o mundo.


ree

Athanasios, de Grecia, contaba: “Cheguei estresado polo traballo e os estudos, pero a xente que coñecín fixo que a experiencia fora incrible. Sempre lembrarei as risas, as historias e as conexións compartidas.”


ree

Noelia, do equipo español, definiuno como “un proxecto inolvidable e unha experiencia única”, que lle abriu a mente e lle permitiu conectar con persoas inesperadas.


ree

Para Mariia, de Ucraína, foi o seu primeiro Erasmus+: “Poñeu o listón moi alto para os seguintes. Levo recordos, risas e conversas con persoas marabillosas.” A presenza do grupo ucraíno tivo un significado especial: en tempos de guerra, este espazo seguro de encontro cobrou aínda máis forza.


ree

O intercambio foi tamén unha viaxe polo territorio. Descubrimos As Médulas a pé, entre pendentes vermellas esculpidas polos romanos. En Ponferrada, ademais de reunirnos con responsables locais, realizamos entrevistas na rúa para coñecer de preto a realidade da veciñanza. E en Carucedo, nin sequera a chuvia nos detivo: acabamos dándonos un baño no lago, entre risas e brincadeiras.


ree

As noites interculturais fixeron posible viaxar sen movernos do salón, entre danzas, pratos típicos e contos. Houbo reflexións profundas, aprendizaxes compartidas e celebracións improvisadas que fixeron medrar unha auténtica comunidade.


ree

O que empezou cun grupo de descoñecidos rematou con amizades verdadeiras. Ouro e Orixes lembrounos que o ouro de Europa está na súa xente, nas súas culturas e na capacidade de atoparse desde a diversidade.


ree

Hoxe, ao ver as fotos de abril, sentimos unha gran tristura polos incendios que arrasaron As Médulas este verán. Foi duro contemplar como o lume afectou a un espazo tan valioso, natural e culturalmente. Pero tamén sentimos máis forza ca nunca para seguir apostando por traer intercambios europeos a este lugar, convencidos de que a xuventude e a cooperación internacional poden ser parte do seu camiño de recuperación e de futuro.


ree
ree

🔗 Mais información:

 
 
 

Comments


59452192_314183905926127_2046126220860456960_n.jpg
mdsa.gob_.injuve.png
EN_Co-fundedbytheEU_RGB_POS.png

Contacto    |    Aviso legal    |    Política de privacidade

© 2025 por Valdeorras Vive.

bottom of page